Ola a todos e todas!
Sentimos a tardanza pero aquí estamos outra vez.
Contareivos o que fixemos neste curso.
Como en anos anteriores, neste curso 2013-14 a biblioteca do cole participou activamente nas actividades de dinamización da lectura, formación de usuarios/as e das celebracións e/ou proxectos do centro.
Continuamos coa asistencia semanal á biblioteca de todos os cursos dende 3 anos ata 6º de primaria, cunha programación específica e dirixida por unha profesora do colexio, e participamos en datas relevantes relacionadas co libro ou celebracións do centro.