Non sabemos o que aconteceu, pola mañá cando chegamos o colexio, a zona da biblioteca estaba chea de globos e sonaba a música de cumpleanos feliz.
Que foi o que aconteceu?
MAXIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Dentro dos globos atopábanse serpentinas e os poemas que estiveramos inventando nas sesións de biblioteca.
Que acontece? , Quen encheu a entrada de globos?, Quen está de aniversario?
Pronto decatámonos de que era o día do libro, a gran festa do libro.
Este curso non nos tocou degustar unha tarta de chuches como o curso pasado pero na hora do recreo cada neno/a tivemos que coller un globo e saír o patio.
Xa no patio cantamos "cumpleanos feliz". O noso amigo o libro estaba de festa, logo explotamos os globos.
MAXIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Dentro dos globos atopábanse serpentinas e os poemas que estiveramos inventando nas sesións de biblioteca.
Quen meteu os poemas nos globos?, Quen inflou tantos globos?
Serían fadas, Pillarratos, os ratos da biblioteca, uns trasnos máxicos...
Nunca saberemos o que aconteceu, sempre será un misterio, pero a verdade é que a nosa biblioteca é marabillosa, sempre está chea de maxia, fantasía e moitos acontecementos inesperados...












