Dende aquí queremos animar a todos para que visitedes o salón do libro de Pontevedra dende o 6 de febreiro ao 19 de marzo estarán abertas as portas da décimo segunda edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Pontevedra. O programa, que podedes consultar aquí, componse de exposicións, concertos, obradoiros, conferencias e moita, moita, literatura.
O tema central deste ano son as mentiras e a autora homenaxeada,Gloria Sánchez.
Os nosos rapaces de infantil farán unha visita a este salón o vindeiro 23 de febreiro.

Comentarios
Publicar un comentario