Ir al contenido principal

Entradas

Visitas 2º trimestre

 Bo día! Estou aquí para contarvos as múltiples visitas que tivemos nestas últimas semanas. ç En primeiro lugar, as nenas e os nenos de Educación Infantil e do primeiro ciclo de primaria asistiron á biblioteca para presenciar unha obra de teatro en inglés levada a cabo pola academia Kids & Us. Por medio dunha historia moi dinámica acerca da realeza británica, o alumnado cantou, bailou e desfrutou moitísimo. No segundo ciclo recibimos a visita de María da Pontragha, unha excelente contacontos que narrou unha historia da tradición oral galega. Finalmente, tivemos o pracer de contar coa presencia de Andrea Maceiras, unha célebre escritora galega, que acudiu á nosa escolar para falar da súa obra "El enigma de Siempreviva" có alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Agora que este segundo trimestre cargado de novidades chega ao seu fin, agardamos que desfrutarades e que poidamos sorprendervos có que temos preparado para o terceiro trimestre. Un saúdo e ata pronto!
Entradas recientes

Arranca o Cine Mosteiro!

Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca.  O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos!  Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!  

Os nosos libros favoritos

As nenas e os nenos do Mosteiro-Bembrive desfrutamos moito coa lectura. Por iso, este curso fixemos unha lista dos nosos libros favoritos. Sería marabilloso que Papá Noel ou os Reis Magos trouxeran algunha destas lecturas entre os seus agasallos.  

Día das Bibliotecas Escolares 2024

 Bos días a todas e a todas! O xoves 24 de outubro foi o día internacional das Bibliotecas Escolares. Por iso, as nenas e nenos do Mosteiro-Bembrive acudiron ao longo de toda a semana pasada á inauguración neste curso da nosa biblioteca. Este ano temos moitas novidades! En primeiro lugar, neste curso a nosa biblioteca está moi implicada na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Polo tanto, cada grupo visualizou un vídeo acerca desta temática có obxectivo de comprender en que consisten. Ademais, descubrimos as caixiñas onde podemos atopar libros relacionados con cada un destes obxectivos. Por outra banda, este ano seguimos contando con diversos clubes na biblioteca á hora do recreo. Ademais dos xa coñecidos clubes de lectura e de lettering, este ano contamos cun clube de xogos de mesa. Agora xa estamos centrados na preparación do SAmaín. Este mércores estaredes todos invitados a visitar a nosa biblioteca do terror... Atrevédesvos? Vémonos pronto...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Recitados a cegas

Preparámonos para o vindeiro día do libro recitando poemas entre ciclos.

Día de Rosalía de Castro

 Dende a biblioteca do Mosteiro rendimos homenaxe a Rosalía de Castro recitando a súa poesía. Convertímonos en poetas e poetisas de época entre ríos, fontes e regatos pequenos .