Ola a todas e a todos! Neste segundo trimestre arrancamos dunha vez por todas có cine na biblioteca. O Cine Mosteiro está a ser un éxito! O alumnado está a tope có Cine Mosteiro e esgota as entradas cada xoves. Pero... tranquilidade! Ningúen se queda sen acudir ao cine. As sesións repítense ata que todas as nenas e os nenos que o desexen poidan asistir. Se non puideches asistir a unha sesión de cine, non tes que preocuparte. A sesión repítese o xoves seguinte para as nenas e os nenos que non puideron acudir a primeira vez. Polo de agora, xa visualizamos "Los Green en la gran ciudad" e "Flipante Noa". Encantáronnos os capítulos! Unha aperta moi grande. Vémonos pronto con moitas máis novidades!
Blog da biblioteca escolar do CEIP MOSTEIRO BEMBRIVE