Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

Os nosos libros favoritos

As nenas e os nenos do Mosteiro-Bembrive desfrutamos moito coa lectura. Por iso, este curso fixemos unha lista dos nosos libros favoritos. Sería marabilloso que Papá Noel ou os Reis Magos trouxeran algunha destas lecturas entre os seus agasallos.  

Día das Bibliotecas Escolares 2024

 Bos días a todas e a todas! O xoves 24 de outubro foi o día internacional das Bibliotecas Escolares. Por iso, as nenas e nenos do Mosteiro-Bembrive acudiron ao longo de toda a semana pasada á inauguración neste curso da nosa biblioteca. Este ano temos moitas novidades! En primeiro lugar, neste curso a nosa biblioteca está moi implicada na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Polo tanto, cada grupo visualizou un vídeo acerca desta temática có obxectivo de comprender en que consisten. Ademais, descubrimos as caixiñas onde podemos atopar libros relacionados con cada un destes obxectivos. Por outra banda, este ano seguimos contando con diversos clubes na biblioteca á hora do recreo. Ademais dos xa coñecidos clubes de lectura e de lettering, este ano contamos cun clube de xogos de mesa. Agora xa estamos centrados na preparación do SAmaín. Este mércores estaredes todos invitados a visitar a nosa biblioteca do terror... Atrevédesvos? Vémonos pronto...

Un poema e unha flor

 Para celebrar o día do libro, o 23 de abril realizamos un recitado de poemas creados polas nenas e nenos do cole e intercambiamos unha flor.

Recitados a cegas

Preparámonos para o vindeiro día do libro recitando poemas entre ciclos.

Día de Rosalía de Castro

 Dende a biblioteca do Mosteiro rendimos homenaxe a Rosalía de Castro recitando a súa poesía. Convertímonos en poetas e poetisas de época entre ríos, fontes e regatos pequenos .

Lecturas pola Paz

 Bos días a todas e todos! Esta semana estivemos festexando no Mosteiro o Día escolar da Paz e non violencia. Para conmemorar este día, o alumnado do cole disfrutou na biblioteca de diferentes lecturas pola paz. Para o ciclo de Educación Infantil, o conto escollido foi Negros e brancos que aborda a xestión das diferenzas e a importancia da diversidad a través da divertida historia duns elefantes. Coas nenas e nenos de 1º e 2º, traballouse o conto  Hoy no juegas , no que se fala da relevancia de tratar ben aos demais e da resolución de conflitos. O alumnado de 2º ciclo de Primaria aprendeu coa historia de  Se busca culpable , onde o malhumorado señor Ponte sofre as consecuencias da súa intolerancia. Os maiores desfrutar dunha entretida actividade en torno a  La fábrica de etiquetas , a través da cal traballaron a eliminación de prexuízos.