Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2023

Recomendacións lectoras

 

Magostín no Mosteiro

Ola mosteiriños e mosteiriñas! O venres pasado celebramos o Magostín, unha festa que xunta o Magosto có Sanmaín. Durante o Magostín, mergullámosnos na Mitoloxía Galega. Agora coñecemos os seus principais personaxes: os trasnos, os nubeiros e, como non, as meigas! Polo Magostín, as nenas e os nenos do Mosteiro experimentaron diferentes actividades na biblioteca. O alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixeron unha visita á biblioteca, onde realizaron unha actividade de contacontos coa presencia dunha meiga que fixo a experiencia moito máis terrorífica. Por outra parte, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria foron descubrindo, por medio de pistas, algúns dos personaxes da Mitoloxía Galega. Esta actividade rematou tamén coa narración dun conto de Sanmaín. Agardamos que todas e todos o pasárades moi ben nesta viaxe de medo!!! Unha aperta moi grande.

Día das Bibliotecas Escolares 2023

 Ola a todas e a todos! Este curso 2023-2024 comeza cargado de novidades! Como xa sabedes, o 23 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Ademais, esa data coincide có primeiro aniversario da nosa biblio! Para celebrar este día tan importante,  ao longo de toda a semana as nenas e nenos do Mosteiro visitaron a biblioteca e fixeron actividades moi divertidas para coñecela mellor.  Esta semana serviu tamén para inaugurar a biblioteca, así como un montón de propostas: o club de lectura, de lettering e moitas outras iniciativas que pensamos que esperemos que vos gusten e que participedes. Pero estas non son as únicas novidades que temos. Estes días estamos a celebrar o Magosto e o Sanmaín. Estas dúas festas xuntas forman o nome de MAGOSTÍN!!! Proximamente teredes máis novas sobre o Magostín... Unha aperta. Vémonos pronto!

Recomendacións lectoras: LEDICIA COSTAS

  Somos as voluntarias de 6º de Primaria. Gustaríanos recomendar os libros da escritora Ledicia Costas. Visitounos a semana pasada e foi moi amigable e divertida!  🤩   Contounos un montón de anécdotas!  Falounos da suavizante traxectoria e abraiounos coas súas andanzas persoais no mundo da literatura. 📚🫶🏼   Recomendamos os seus libros porque podes aprender moitas cousas e son moi divertidos!   Desfrutádeos! 🤗

2 de Maio - Día Internacional Contra o Acoso Escolar

Bo día!  As nosas voluntarias seleccionaron estes títulos para facer fincapé na importancia da tolerancia, diversidade, amabilidade e vínculo dentro e fora da comunidade educativa. ❤️💙💜💛💚🤍 Tamén queren deixar unha recomendación para disfrutar dunha sesión de cine en familia co alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de E.P.).  Wonder , do director Stephen Chbosky, é unha película tierna e moi emotiva.  Propicia a reflexión e ao diálogo.  Ten unha mensaxe clara sobre a aceptación e o amor hacia un mesmo e unha mesma. ❤️💙💜💛💚🤍  

Recomendacións lectoras para o alumnado de 5-6º E.P.

                          Bo día!                As nosas voluntarias de 6º queren recomendar as seguintes lecturas:     1. "Tu cuerpo es único y extraordinario" de Jessica Sanders e Carol Rossetti é un libro que visibiliza moitos tipos de corpos diferentes na liña do movemento  Body Positive cunhas ilustracións fermosísimas. Ensínanos a querernos tal el como somos e facilita ferramentas para facelo.       Recomendación  MOI🔝, compañeirxs!! 2- Magalina y el gran misterio - Douye Sylvia  Adéntrate no misterioso mundo dos animais máxicos con Magalina e vive unha aventura cheiña de criaturas mágicas, misterios e perigeos inimaxinables... 3- INVISIBLE - Eloy Moreno:  Outra lectura que merece moitísimo a pena. Fermosa, emotiva, que invita a reflexión e que fai medrar. Podedes atomar os tres títulos...

"A RECONQUISTA DE VIGO"

       Hoxe as nosas voluntarias queren recomendar os seguintes libros que podedes atopar na biblioteca para coñecer un pouquiño máis a historia da nosa gran cidade. ♥️

8 de Marzo 💜

         A nosa biblioteca está cheiña de lecturas coma as seleccionadas polas nosas voluntarias para reivindicar especialmente durante esta semana, e sempre, a importancia da figura das MULLERES  en igualdade completa de dereitos. 💪🏼     Lembrade que as portas da biblio están sempre abertas e os fondos a disposición de toda a comunidade!

"El cazo de Lorenzo" - Isabelle Carrier

Ola a todos e a todas!  Aquí podedes ver unha das recomendacións lectoras a cargo das nosas alumnas voluntarias de 6º E.P. Gravaron este video dende o iPad con moitísimo agarimo, reflexión e consciencia. 💜